|
|
|
Publicado por utesga
a las 16:36
|
14 - 08 - 06. O SERGAS CONVOCA CONCURSO OPOSICIÓN PARA O INGRESO EN DETERMINADAS CATEGORIAS DO SEU CADRO DE PERSOAL
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2006.-O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución do 8 de agosto, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do departamento que preside María José Rubio Vidal.
O número de prazas convocadas, desglosados por categorías, é como sigue: 637 de ATS/DUE; 514 de auxiliar de enfermaría; 6 de calefactor; 270 de celador; 18 de cociñeiro; 6 de conductor; 25 de fisioterapeuta; 22 do grupo administrativo; 162 do grupo auxiliar da función administrativa; 15 do grupo técnico da función administrativa; 26 do grupo de xestión da función administrativa; 19 de lavandeiro; 30 pasador de ferro; 217 persoal de servizos xerais; 152 de pinche; 9 técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; 5 técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información; 6 técnico especialista en anatomía patolóxica; 6 de hixienista dental; 52 de técnico especialista en laboratorio; 52 técnico especialista en radiodiagnóstico; 11 técnico especialista en radioterapia; 6 telefonista e 7 de terapeuta ocupacional. En total, o número de prazas convocadas polo Servizo Galego de Saúde é de 2.273.
Para obter ou cubrir o formulario de solicitude de inscrición poderá facerse a través das seguintes vías: cubrindo o formulario electrónico publicado na páxina web do Sergas (www.sergas.es), na páxina inicial, no punto Recursos Humanos, no epígrafe Oferta de Emprego Público (OPE) 2006; descargando o modelo de solicitude da páxina web, ou ben presentando o formulario do modelo impreso orixinal dispoñible nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas e nos centros de xestión de atención primaria e especializada.
O prazo para a presentación das instancias finaliza o día trinta de setembro.
VER CONVOCATORIA DO D.O.G 14 DE OUTUBRO 2006.
|
|
|
|
|
Comentarios
|
|
Agregar comentario
|
|
Datos: viernes, 24 de noviembre de 2006
| Hora: 21:47
|
Autor:
Rony
que está pasando con la próxima huelga del puente de diciembre....
No vais a secundarla ...........nadie dice nada y la asociacion Que?
no hay información colgada en la web que pasa esta vez venga hay que informar a la gente...
|
|
|
Acerca del Blog |

UTESGA - AGTL
Unión de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia.
Asociación Galega de Técnicos de Laboratorio. |
|